Amigus Labs • Fab Lab As Pontes

Su di me

A Asociación Informática Amigus creouse no ano 2002 por un grupo de veciños de As Pontes interesados no uso das novas tecnoloxías, informática e Internet, e co obxeto, entre outros, de promover o uso da informática e o software e hardware libre. Dende aquela, Amigus organizou gran cantidade de charlas e obradoiros para os socios e veciños da localidade, así como diversas parties informáticas. No ano 2010, dende a democratización tecnolóxica e o acceso a tecnoloxías antes inaccesibles, comenzamos a crear o que é, a día de hoxe, Amigus Labs, un Fab Lab, laboratorio de arte e creación dixital, un espazo onde makers, comunidades tecnolóxicas e empresas dispoñen do equipamento necesario para poder levar a cabo os seus proxectos. Un punto de encontro onde aprender, compartir e construir. Amigus Labs xunta a persoas curiosas e con ganas de aprender nun entorno de traballo amigable, con acceso á tecnoloxía e compañeiros que cooperan na materialización dos diferentes proxectos. En definitiva poñemos en contacto persoas, promovemos ideas e proxectos, e facilitamos o acceso á tecnoloxía e a diversos recursos.

Portfolio

— Questo Maker non ha ancora aggiunto immagini al portfolio. —

Azienda

Nome

Sito web aziendale

Indirizzo

Praza Hospital 14

15320, As Pontes de García Rodríguez

La Coruña, Spagna